ib3 image

Clesa está conformada por 11 cooperativas galegas, que traballamos conxuntamente a través da Agrupación de Cooperativas Lácteas SL (ACOLACT). Somos en total 12.000 familias que nos esforzamos cada día para ofrecerche os mellores iogures e postres lácteos para ti e a túa familia, coas máximas garantías de calidade desde a orixe.

Todos os nosos produtos son libres de glute. Na fábrica de Caldas de Reis elaboramos os nosos produtos con leite 100% galego procedente dos mellores campos e gandeirías dos cooperativistas. Xuntos procesamos máis de 400 millóns de litros de leite, un 20% do total do leite de Galicia.

selo Galega 100% garante que a materia prima utilizada procede exclusivamente das explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada. Estasexplotacións alcanzan de maneira continuada uns parámetros de saneamento, seguridade alimentaria e calidade superiores aos esixidos polas normas comunitarias.

Ademais, contamos coa certificación PLS (Productos Lácteos Sostenibles)concedida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que garante que o 100% do leite é de orixe nacional e que foi contratada nunhas condicións que velan pola sostenibilidade económica do sector lácteo.

ACOLACT está formado polas cooperativas:

AGRIS. Friol, Lugo
• COGASAR. Sarria, Lugo
• COOPERATIVA AGRARIA DA CORUÑA. Arteixo, A Coruña
• CENTRAL DE FRADES. Frades, A Coruña
CUSOVIAME. Curtis, A Coruña
FEIRACO LÁCTEOS. Negreira, A Coruña
• LEMOS. Monforte, Lugo
MELISANTO. Melide, A Coruña
OS IRMANDIÑOS. Ribadeo, Lugo
• O RODO: Lalín, Pontevedra
• COVIDEZA: Lalín, Pontevedra

galega100x100  pls  singluten