ib3 image

Con máis de 70 anos de traxectoria no sector, en Clesa contamos cunha dilatada experiencia dedicados á elaboración de iogures e sobremesas lácteas. A nosa planta de Caldas de Reis (Pontevedra), actual sede da compañía, ten a súa orixe en Lácteas do Atlántico, unha sociedade fundada a finais dos anos 70, filial do Grupo Centrais Leiteiras Españolas S.A. (Clesa).

O proxecto actual de Clesa dá comezo en 2012, liderado por 10 cooperativas lácteas galegas unidas en ACOLACT, Agrupación de Cooperativas Lácteas SL. Esta nova etapa nace coa vontade de dar continuidade á planta de Caldas de Reis e convertela nunha empresa sólida e con futuro.

Temos un firme compromiso co sector lácteo galego, a calidade e a innovación. Por iso, mantemos en Galicia todo o proceso de elaboración dos nosos derivados lácteos, dende a mellor materia prima 100% galega procedente das granxas das nosas cooperativas ata a elaboración dos produtos finais.

Móvennos os valores propios do cooperativismo, como a colaboración, o apoio mutuo, a solidariedade e a responsabilidade social.

Enfocámonos ao consumidor, ofrecendo sempre as máximas garantías de calidade certificada dende a orixe e preocupándonos por unha constante innovación nos nosos produtos, promovendo ademais unha alimentación saudable.