Clesa

Desde a nosa planta de Caldas de Reis – Pontevedra (Galicia), o actual proxecto de Clesa recolle o legado dos máis de 75 anos de traxectoria da marca apostando hoxe polos valores do cooperativismo.

 

Axuntamos todo o saber facer de varias décadas de experiencia no mercado co compromiso e responsabilidade social do cooperativismo galego..

 

Os nosos máis de 3.500 cooperativistas reciben asesoramento e apoio continuos para desenvolver o seu labor. Do seu compromiso e entrega resulta un leite de altísima calidade coa que se elaboran todos os produtos Clesa..

Comprometidos coa calidade

Mantemos en Galicia o proceso de elaboración dos nosos derivados lácteos, dende a mellor materia prima 100% galega procedente das granxas dos nosos cooperativistas ata a elaboración dos produtos finais que chegan á mesa da túa familia.

 

Contamos coas máximas garantías de calidade certificada dende a orixe e preocupándonos por unha constante innovación nos nosos produtos.

Galega 100%

 

A materia prima utilizada procede exclusivamente das explotacións rexistradas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada. Estas explotacións alcanzan de maneira continuada uns parámetros de saneamento, seguridade alimentaria e calidade superiores aos esixidos polas normas comunitarias.

IFS FOOD

 

Clesa conta coa prestixiosa certificación IFS Food, que garante os estándares máis elevados de seguridade alimentaria. IFS Food é unha norma de seguridade alimentaria coa que só contamos aquelas empresas que certificamos e validamos os nosos procesos de elaboración, manipulación e transporte de produtos. Para os nosos consumidores, supón a garantía de que Clesa realiza a produción, envasado e tratamento dos nosos iogures e sobremesas lácteos seguindo as principais consignas de seguridade alimentaria que se estableceron para o mercado nacional e internacional. Calidade garantida!

ADILAC

 

Selo de produto recomendado por ADILAC, Asociación de Intolerantes á lactosa en España. Produto certificado en laboratorios de análise alimentaria independentes.

Movimiento Di que sí

 

En Clesa estamos adheridos ao movemento Lácteos Di que Si, a iniciativa da Unión Europea que promove o consumo de, polo menos, 3 lácteos ao día no marco dun estilo de vida saudable e unha dieta equilibrada.

Bo para ti, boa para as nosas vacas

A nosa gama Clesa Bienatur conta en con o selo AENOR de Benestar Animal, baseado no cumprimento dos requisitos de Welfare Quality®, un referente europeo neste ámbito.

 

Este selo certifica o que os nosos gandeiros e gandeiras levan anos practicando con todo o seu esmero: consentir e coidar ás nosas vacas como parte que son da familia. Asegurámonos de que teñan unha boa alimentación, un bo aloxamento, a mellor saúde e un comportamento apropiado de acordo ás súas necesidades.

 

Porque se é bo para elas, é bo para ti.

Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA