Biscoito de chocolate con iogur sen lactosa CLESA
Admitámoslo, todos queremos gozar do sabor real do cacao. Unha cunca de chocolate, un biscoito recentemente feito sen ter que pringar toda a cociña… Pois non fai falta ser un gran reposteiro! Para ti creamos esta receita sen lactosa, sen glute e extremadamente esponxosa.
E que non se vos esqueza: é rapídisima.
Ingredientes
- 3 ovos
- 1 plátano maduro
- 2 iogures CLESA sen lactosa
- ½ Medida de iogur, aceite de oliva
- 2 medidas de culler de fariña de avea
- ½ medida de culler de cacao puro en po
Preparación
- 1
Bate os ovos, engade o plátano machucado e os ingredientes líquidos: os nosos iogures CLESA sen lactosa e o aceite de oliva. - 2
Integra ata conseguir unha masa homoxénea e engade aos poucos o resto de ingredientes, a fariña de avea e o cacao puro. - 3
Verte a túa mestura nun molde previamente engraxado e cociña ao microondas durante 10 minutos ou ao forno durante 40 minutos. - 4
Arrefría, desmolda et voilá! A gozar do teu momento doce.