Crepes de Crema Bombón
O teu almorzo extra dulzón con crema bombón está case listo.
Compartímosche a receita máis fácil e deliciosa de crepes! Sen dúbida, se es amante do chocolate esta receita é para ti. Ao choio!
Ingredientes
- 2 ovos
- 100 g de fariña de avea
- 30 g de cacao en po
- 320 ml leite enteiro CLESA
- 1 cda de manteiga Únicla
- Opcional: endulzante.
- Topping: Crema Bombón sen azucre engadido de CLESA e froita de tempada.
Preparación
- 1
Bater os ovos. - 2
Verte o leite CLESA para volver bater. - 3
Engadir á túa mestura a fariña de avea, o cacao e o endulzante e integrar ata conseguir unha masa homoxénea. - 4
Cociña os teus crepes na tixola a lume medio. - 5
E agora vén o mellor de todo: rechea coa túa Crema Bombón de CLESA e con froita de tempada.