Tortilla de patacas con iogur natural CLESA
Un clásico non tan clásico! Probaches a engadir iogur natural a un dos pratos máis típicos da cociña española? Si, liches ben. Máis aló do debate de se debe ou non levar cebola, con esta receita lograrás dar un toque extra de sabor e cremosidad que che sorprenderá. Anímate a preparala e cóntasnos!
Ingredientes
- 4 patacas
- 6 ovos
- 1 iogur natural CLESA
- Aceite de oliva
- Sal
Preparación
- 1
Pelar e cortar as patacas en toros e deixalas en auga en remollo durante catro minutos. - 2
Quentar un bo chorro de aceite na tixola para logo fritir as patacas a lume alto durante tres minutos. - 3
Pasado ese tempo, baixar o lume, engadir o sal e tapar a tixola deixándoas fritir 15 minutos removendo de cando en vez. - 4
Mentres, por outra banda, bater os ovos e o iogur cun chisco de sal. - 5
Quentar de novo un chorrito de aceite na tixola, esta vez a lume medio, e engadir a mestura. Cociñar e darlle a volta sen deixar que calle en exceso para que quede zumarenta. - 6
E… lista! Consúmea en quente ou frío, como prefiras