Tres receitas de Semana Santa con Leite CLESA

Semana Santa ao grande! Para que poidas ir poñéndote ao choio, deixámosche tres receitas de sobremesas para estes días con leite CLESA. Xa nos contas que tal o resultado!

Ingredientes

  1. Torradas
  • 1 barra de pan
  • 600 ml de leite semidesnatada CLESA
  • 3 ovos
  • 2 ramas de canela
  • Canela moída
  • 100 gramos de azucre
  • Aceite de oliva

 

  1. Leite fría
  • 1 litro Leite semidesnatada CLESA 
  • 100 gramos de azucre
  • 1 rama de canela
  • 3 ovos
  • 20 gramos de manteiga
  • 7 culleradas de fariña
  • 2 culleradas de fariña de millo refinado
  • Aceite de oliva
  • Azucre

 

  1. Bolos de vento
  • 200 ml de auga
  • 50 ml de leite semidesnatada CLESA 
  • 150 gramos de fariña
  • 40 gramos de manteiga
  • 4 ovos
  • 1 sobre de fermento en po
  • 10 gramos de azucre
  • Un chisco de sal
  • Aceite
  • Azucre glas para decorar

Preparación

  1. 1Torradas
  2. Nun cazo, poñemos a ferver o leite coas ramas de canela e o azucre durante cinco minutos. Unha vez pasado ese tempo, retirar do lume o leite e esperar a que arrefríe para coar e reservar. Mentres tanto, cortar en rebanadas o pan e ir remollandoas no leite que preparamos o tempo necesario para que se empapen ben. Doutra banda, bater os ovos e rebozar as torrijas que previamente empapamos con leite. Xa só queda fritilas e, unha vez que estean listas, espolvorear un pouco de canela moída.
  3. 2Leite fría
  4. Botar nun cunco 250 ml de leite semidesnatada CLESA, a fariña e a fariña de millo refinado para mesturar todo ben e deixar repousar durante dez minutos. Quentar a lume lento o resto do leite coa rama de canela e retirar do lume xusto antes de que empece a ferver e mesturar este preparado co anterior. Engraxar unha fonte coa manteiga, engadir a mestura e deixar arrefriar. Mentres tanto, poñer a quentar abundante aceite nunha tixola e ir batendo os ovos restantes e a fariña que nos queda para logo rebozar a masa previamente cortada en rectángulos. Finalmente, fritir e escorrer o leite frito en papel absorbente. Como toque final, espolvorear azucre glas e… listo!
  5. 3Bolos de vento
  6. Poñer a quentar en lume medio nun cazo a auga, o leite semidesnatada CLESA, a manteiga, o azucre e o sal e retirar cando empece a ferver. Engadir e mesturar a fariña, previamente tamizada, os ovos e o fermento e deixar repousar na neveira durante unha hora. Unha vez pasado o tempo, preparar a forma dos bolos de vento fritilos en abundante aceite e escorrelos en papel absorbente. Para finalizar, espolvorear con azucre glas e canela.

Outras receitas CLESA

gl_ES

Contacto

Encántanos saber a túa opinión e escoitar todas as túas suxestións ou peticións. Non dubides en contactar connosco para todo o que necesites! 

Podes chamarnos ou escribirnos, aquí atoparás todas as vías de contacto directo con CLESA: