Os profesionais da saúde recomendan o consumo diario de lácteos dentro dunha dieta variada e equilibrada. O iogur obtense da fermentación do leite con dúas bacterias (Lactobacillus bulgaricus e o Streptococcus thermophillus).

Os fermentos vivos que contén o iogur (100 millóns por gramo) fan del un alimento con numerosos beneficios; entre outros, unha mellor dixestibilidade da lactosa.

De alta densidade nutricional, ofrece gran cantidade de nutrientes en poucas calorías: proporciona calcio de fácil asimilación, é fonte de proteínas de alto valor biolóxico e,  ademais, dunha pequena pero constante cantidade de fósforo, magnesio, potasio, cinc, iodo e vitaminas A, D, B2 e B12. En total, proporciona un 4 % dos minerais e vitaminas precisos para un bo funcionamento do organismo.

Ver más

Dado o seu valor nutricional, recoméndase unha inxestión diaria de lácteos equivalente a 2-4 racións diarias en función da idade e do estado fisiolóxico.

En nenos e adultos en xeral é recomendable a inxestión de 2 a 3 racións de produtos lácteos. Os maiores de 60 anos deben tomar diariamente de 2 a 4 racións. Durante a adolescencia, a xestación e para as nais en período de lactación recoméndanse de 3 a 4 racións.

*Unha ración de iogur supón 125 g, mentres que de leite é o equivalente a unha cantidade de 200-250 ml —unha cunca—. A ración de queixo maduro son uns 40-50 g e a de queixo fresco 125 g.

Ver más

Para o lactante recoméndase a inxestión exclusiva de leite materno durante os seis primeiros meses de vida ou, cando isto non é posible, a alimentación con fórmulas lácteas adaptadas a base de leite de vaca. Posteriormente, en nenos de pouca idade e na idade escolar, é recomendable a inxestión de 2 a 3 racións de produtos lácteos. Para determinar cando iniciar aos bebés nos produtos lácteos, consulta o pediatra.

* Unha ración de iogur supón 125 g, mentres que de leite é o equivalente a unha cantidade de 200-250 ml —unha cunca—. A ración de queixo maduro son uns 40-50 g e a de queixo fresco 125 g.

Ver más

O iogur pode ser unha parte importante na dieta das persoas con intolerancia á lactosa, xa que as axudará a cubrir as inxestións recomendadas de nutrientes sen renunciaren ao consumo de lácteos.

A fermentación do leite aumenta a tolerancia á lactosa debido á transformación da lactosa en ácido láctico. Alén de presentar uns niveis mínimos de lactosa, os microorganismos presentes no iogur sintetizan lactase e compensan a carencia das persoas intolerantes.

A maioría dos adultos e adolescentes con problemas para dixerir a lactosa poden chegar a tolerar ata 12 gramos de lactosa ao día, mellor se se fai de forma repartida. 100 gramos de iogur proporcionan aproximadamente 4 gramos de lactosa, o que estaría dentro do consumo diario e ademais axudaría a repartir a inxestión ao longo do día.

Aquelas persoas con intolerancia estrita á lactosa poden encontrar entre os nosos produtos iogures sen lactosa totalmente aptos para o seu consumo.

Ver más

Estudos recentes* demostran que a graxa láctea (pese a que se considerou non beneficiosa polo seu alto contido en ácidos graxos saturados) non só non é prexudicial para a saúde cardiovascular e outras enfermidades crónicas, como a síndrome metabólica e a diabetes tipo 2, senón que podería ter un efecto protector.

O consumo de lácteos asóciase a menos sobrepeso, menos graxa corporal e menor risco de obesidade e cambios de peso corporal.

Ver más

Os iogures non conteñen glute, polo que son produtos totalmente aptos para celíacos. Igual que o leite e todos os seus derivados (nata, queixo…).

O iogur é un produto que require ser conservado na neveira ata o seu consumo para non perder os beneficiosos fermentos vivos que contén.

Agora tamén podes mercar os produtos Clesa sen saír da casa, só facendo clic nesta ligazón https://eshopclesa.net/. Aquí atoparás todos os produtos e hanchos levar directamente á túa casa.

Clesa está conformada por 11 cooperativas galegas que traballamos conxuntamente a través da Agrupación de Cooperativas Lácteas S. L. (ACOLAT). Somos en total 12.000 familias que nos esforzamos cada día para che ofrecer os mellores iogures e sobremesas lácteas para ti e a túa familia, coas máximas garantías de calidade dende a orixe.

Na fábrica de Caldas de Reis elaboramos os nosos produtos con leite 100 % galego procedente dos mellores campos e gandarías dos nosos cooperativistas.

  • Os lácteos son a principal fonte de calcio na nosa alimentación. Este mineral é indispensable para a saúde dos nosos ósos e organismo. Se existe un déficit, o organismo extraerá o calcio dos ósos, debilitándoos e aumentando a posibilidade de termos enfermidades:
    • Protexe da osteoporose e, cando xa se produciu, é útil no seu tratamento. A osteoporose é unha enfermidade producida por unha masa ósea baixa é unha deterioración do tecido óseo.
    • Conserva os dentes, forma o esmalte e prevén da carie.
    • Diminúe o risco de padecer obesidade, dislipemia e diabetes mellitus de tipo 2.

 

  • Ademais, comprobouse que os nutrientes que conteñen os produtos lácteos teñen propiedades cardiovasculares beneficiosas sobre a saúde:
    • Diminución da presión arterial.
    • Regulación dos niveis de colesterol: o ácido linoleico, presente nos produtos lácteos, contribúe a manter os niveis normais de colesterol en sangue.
    • Prevención da síndrome metabólica: os produtos lácteos aumentan a fracción de colesterol HDL ou colesterol bo. Unha baixa concentración de colesterol HDL, xunto con outras enfermidades, relaciónase coa presenza de síndrome metabólica.
Ver más

O iogur é un grande aliado para axudarnos a manter a liña:

  • Ten un alto contido en proteínas que axuda a calmar o apetito.
  • É un bo alimento para comer entre horas.
  • É unha alternativa saudable a calquera sobremesa máis calórica.

Ademais, é un alimento que axuda ao tránsito dixestivo:

  • Favorece o bo funcionamento intestinal.
  • Os seus fermentos compleméntanse á perfección coa propia flora intestinal.
  • É de grande axuda para restaurar a flora intestinal despois dun tratamento antibiótico.
  • Facilita a dixestión da lactosa.

Os produtos lácteos considéranse útiles na alimentación dos deportistas. Entre as propiedades que xustifican o beneficio que os seus nutrientes proporcionan á alimentación dos deportistas, pódense mencionar: as proteínas. que contribúen a aumentar e conservar a masa muscular; a rehidratación, sobre todo tras realizar un exercicio de resistencia, e a formación dos glóbulos vermellos grazas á vitamina B12.

Ver más

Iliá Mechnikov, microbiólogo do Instituto Pasteur de París, foi o maior valedor do iogur, produto non moi habitual en Occidente ata o século XIX. A principios do século XX  observou e investigou a lonxevidade e boa saúde dos pobos bálticos, que presentaban un elevado consumo de iogur, e en 1908 recibiu o Nobel polas súas investigacións sobre inmunidade celular. Finalmente, o iogur chegou a España en 1919. Os primeiros iogures, no entanto, vendíanse en farmacias como un remedio heroico para aquelas persoas que sufrían dixestións difíciles, empachos gástricos e preguiza estomacal.

O consumo de lácteos  —incluídos produtos completos, pero equilibrados coas fraccións de minerais e proteínas— asóciase a menor sobrepeso, graxa corporal e risco de obesidade fronte a dietas de control de peso habituais.

 

Abargouei AS, Janghorbani M, Salehi-Marzijarani M, Esmaillzadeh A. Effect of dairy consumption on weight and body composition in adults: a systematic review and metaanalysis of randomized controlled clinical trials. Int J Obesity 36, 148 -1493 (2012).

 

Alegría-Lertxundi I, Rocandio A, Arroyo-Izaga M. Cheese consumption and prevalence of overweight and obesity in a Basque adult population: a cross-sectional study. Int J Food Sci Nutr 65, 21–27 (2014).

 

O consumo de iogur asóciase a un menor risco de obesidade e a cambios de peso corporal e de perímetro de cintura.

 

  • Schwingshackl L, Hoffmann G, Schwedhelm C, Kalle-Uhlmann T, Missbach B, Knüppel S, Boeing H. Consumption of Dairy Products in Relation to Changes in Anthropometric Variables in Adult Populations: A Systematic Review and Meta-Analysis of Cohort Studies. PLoS One. 2016 Jun 16;11(6):e0157461. doi: 10.1371/journal.pone.0157461.

 

  • Panahi S, Tremblay A. The Potential Role of Yogurt in Weight Management and Prevention of Type 2 Diabetes. J Am Coll Nutr. 2016 Nov-Dec;35(8):717-731.

 

A inxestión de leite e derivados lácteos asóciase a un menor risco de obesidade infantil e mellora a composición corporal en adultos.

 

Thorning TK, Raben A, Tholstrup T et al. Milk and dairy products: good or bad for human health? An assessment of the totality of scientific evidence. Food Nutr Res. 2016 Nov 22;60:32527.

  • Lu L, Xun P, Wan Y, He K, Cai W. Long-term association between dairy consumption and risk of childhood obesity: a systematic review and meta-analysis of prospective cohort studies. Eur J Clin Nutr. 2016;70(4):414

 

En nenos, o incremento dunha ración de lácteos ao día reduce a porcentaxe de graxa corporal e teñen un 13 % menos de risco de desenvolveren sobrepeso/obesidade.

 

Lu L, Xun P, Wan Y, He K, Cai W. Long-term association between dairy consumption and risk of childhood obesity: a systematic review and meta-analysis of prospective cohort studies. Eur J Clin Nutr. 2016 Apr;70(4):414-23. doi: 10.1038/ejcn.2015.226.

 

— Dror DK, Allen LH. Dairy product intake in children and adolescents in developed countries: trends, nutritional contribution, and a review of association with health outcomes. Nutr Rev. 2014 Feb;72(2):68-81. doi: 10.1111/nure.12078.

 

Risco de diabetes de tipo 2, 14 veces menor con consumo alto de lácteos (máis de 3-5 racións/día).

 

— Pittas AG, Hu FB, Bawson-Hugler et al. The role of Vit D an Calcium in type 2 diabetes. A systematic review and metaanalysis. Journal of Clinical Endrocrinoly and Metabolism. 2007;92:2017-2019.

 

A inxestión diaria de iogur asóciase a un menor risco de desenvolver diabetes mellitus tipo 2.

 

— Astrup A. Yogurt and dairy product consumption to prevent cardiometabolic diseases: epidemiologic and experimental studies. Am J Clin Nutr. 2014;99(5 Suppl):1235S-42S.

 

— Drouin-Chartier JP, Brassard D, Tessier-Grenier M, et al. Systematic Review of the Association between Dairy Product Consumption and Risk of Cardiovascular-Related Clinical Outcomes. Adv Nutr. 2016 Nov 15;7(6):1026-1040.

 

— Gijsbers L, Ding EL, Malik VS, de Goede J, Geleijnse JM, Soedamah-Muthu SS. Consumption of dairy foods and diabetes incidence: a dose-response meta-analysis of observational studies. Am J Clin Nutr 2016;103:1111–24

Para máis información acerca do iogur e os produtos lácteos, podes facer clic aquí https://www.inlac.es/actualidad_publicaciones.php y https://www.aefy.es/