
Biscoito de Natillas Bombón Clesa
Que si, que si! Que lichedes ben e seguro que nunca o fixechedes. Traémosvos unha receita facilísima de facer que vos encantará. Se ademais, en casa tedes algún “loco baixiño” dos que cantaba Serrat, este biscoito será visto e non visto 🙂
Ingredientes
1 vaso de iogur vacío
Azucre
1 vaso de natillas de chocolate
6 ovos
Aceite
Leite enteiro
1 sobre de fermento
Fariña
Preparación
Mesturamos os ovos e 3 vasos do iogur vacío cheos de azucre. Batemos moi ben ata que aumente o seu volume polo menos o dobre
Botamos nesa mestura o vaso de natillas de chocolate e seguemos batendo
Engadimos un vaso do iogur de leite e batemos, un de aceite e batemos, 3 vasitos de fariña, o fermento e volvemos a bater
Engraxamos o molde do biscoito cun pouco de manteiga e esparexemos cun pouco de fariña. Vertemos a mestura do biscoito e nun forno a 180º deixamos cociñar o biscoito durante 30 - 35 minutos. Saberás que está feito se metes unha agulla metálica de calcetar e sae limpa e sen restos de masa
Desmoldamos e deixamos que arrefríe