Callada de chocolate con Clesa Bombón para Beber

Callada de chocolate con Clesa Bombón para Beber

Garda esta receita, porque pode ser un bo plan para facer cos teus peques estas próximas vacacións de Nadal! Hoxe mostrámosvos como preparar unha saborosa callada de chocolate empregando a noso batido Clesa Bombón para Beber. Para chupar os dedos!

Ingredientes

  • 600 ml batidos de CLESA BOMBÓN PARA BEBER (3 briks)
  • 2 sobres de callada
  • 400 ml de nata líquida para cociñar
  • 2 culleradas de azucre

Preparación

  • Disolvemos os sobres de callada nun brik de CLESA BOMBÓN PARA BEBER e levamos o resto dos batidos, xunto coa nata e o azucre, a unha pota ao lume.
  • Cando a callada estea diluída e sen grumos engadímola á cazola co resto de ingredientes, sen deixar de remover. Cando a mestura ferva, esperamos uns 3o segundos e retiramos.
  • Servimos en vasiños individuais e deixamos arrefriar na neveira
  • Decoramos ao gusto!


Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA