Crema de cogombro e iogur natural Clesa Bienatur

Crema de cogombro e iogur

Crema de cogombro e iogur natural Clesa Bienatur

Só necesitarás 15 minutos para ter lista esta receita. Unha crema de cogombro e iogur natural rica, saudable e sinxela de facer que se pode tomar fresquiña da neveira e ademais ten unha textura moi lixeira. Vas repetir unha e outra vez!

Ingredientes

  • 2 cogombros pequenos
  • 2 iogures naturais Clesa Bienatur
  • Medio dente de allo
  • Sal
  • Vinagre de mazá
  • 1 cullerada de auga
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación

 

  • Lavar e cortar en anacos os cogombros
  • Cortar o dente de allo e bater xunto cos cogombros, o sal, o vinagre, a pementa negra e o aceite de oliva.
  • Engadir os iogures naturais de Clesa Bienatur e bater ata obter o puré ao gusto. Se resultase moi espeso para o noso gusto podemos botarlle auga ata deixar a consistencia desexada.
  • Refrixerar unhas horas ou toda a noite


Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA