
Mousse de froitos do bosque e Iogur Grego de Clesa
Publicado el 20 Dec 2021
en
Un equilibrio de sabores nun postre co que triunfarás nas túas reunións familiares e o mellor de todo… A súa sinxela e rápida preparación! Ideal para non complicarse na Navidad despois de pasar tempo preparando o menú das comidas e ceas navideñas.
Ingredientes
- 250 gramos do iogur grego Clesa
- 150 gramos de nata líquida para montar
- 2 claras de ovo
- 50 gramos de azucre glasé
- 50 gramos de marmelada de amorodo
- 1 cullerada de auga
- 1,5 xelatinas en láminas
- Froitos do bosque
- Granola
Preparación
- Deixar 10 minutos a xelatina nun recipiente con auga fría para hidratala.
- Mesturar mentres o iogur co azucre glasé remexendo co azucre ata lograr unha mestura homoxénea.
- Quencer 50 ml de nata durante 30 segundos no microondas.
- Escoar a xelatina e disolvela na nata que acabamos de quentar deixando logo arrefriar uns minutos. Logo engadir un par de culleradas de iogur e remexer hasta homoxeneizar.
- Cando a nata esté fría, montar o resto da nata e incorporala ao recipiente co iogur removendo todo.
- Montar as claras a punto de neve e engadilas tamén.
- Reencher tres cuartas partes dos vasiños coa mousse e deixar arrefriar no frigorífico durante unha hora mentres mesturamos a marmelada coa auga para logo coala para facer un salsa fina.
- Repartir entre todos os vasiños e adornar cos froitos do bosque e a granola.