Pastel turco co iogur grego Clesa

Pastel turco co iogur grego Clesa

Pastel turco co iogur grego Clesa

Imaxina unha torta parecida á de queixo, sen queixo e máis lixeira. Soa ben, non? Anímate a preparar a receita do pastel turco co iogur grego de Clesa. Necesitarás poucos ingredientes para recrear a famosa sobremesa da repostaría turca que triunfa por ser realmente deliciosa. Xa nos contas que tal!

Ingredientes

  • 4 iogures gregos Clesa
  • 3 ovos
  • 70 gramos de azucre
  • 50 gramos de maizena
  • Reladura dun limón
  • 1/2 culleradiña de fermento ou po de enfornar
  • Manteiga para untar o molde

Preparación

  • Prequencer o forno a 170º.
  • Separar as claras das xemas dos ovos.
  • Montar as claras a punto de neve forte e reservar. Por outro lado, bater as xemas co azucre primeiro e logo engadir os iogures e a reladura.
  • Engadir a maicena peneirada, o fermento e as claras dos ovos.
  • Continuar remexendo ata lograr unha mestura homoxénea.
  • Colocar a crema no molde previamente untado coa manteiga.
  • Ao forno a 175º durante 45 minutos... e listo!


Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA