Petiscos de aguacate e iogur grego de Clesa

Bocaditos de aguacate y yogur griego

Petiscos de aguacate e iogur grego de Clesa

Tan sinxela como deliciosa! Unha receita que che axudará co problema de non saber que xantar. Só é necesario contar con ingredientes como o pan, o aguacate e o iogur grego de Clesa. Todo un triunfo ao que non poderás resistirte.

Ingredientes

  • 2 rebandas de pan de molde rústico
  • 4 liscos de salmón afumado
  • 1 cogombro en rebandas
  • 1 iogur grego de Clesa
  • 1 culleradiña de zume de limón
  • Pirixel fresco
  • Pementa negra
  • Sal

Preparación

  • Mesturar o iogur grego de Clesa co zume de limón e o pirixel picado. Salpimentar ao gusto e remexer ata lograr unha mestura homoxénea.
  • Untar a salsa que fixemos nas rebandas do pan de molde previamente tostado.
  • Poñer enriba o cogombro cortado en rebandas e colocar os liscos de salmón.
  • Tapar coa outra rebanda do pan de molde e xa o terías listo para levar a calquera parte.


Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA