
Croquetas de Iogur
Publicado el 15 Xan 2021
en
A quen non lle gustan as croquetas? Ten tantas posibilidades de recheo que se adaptan a todos os gustos! Hoxe traémosvos unha proposta alternativa con Iogur Natural Clesa, que lle achegará un punto de cremosidad e lixeireza. Anímaste?
Ingredientes
- 110 g de manteiga
- 110 g de fariña
- 1 litro de Leite Clesa Bienatur
- 1 iogur Natural Clesa
- Recheo escollido: xamón, bacallau, polo, restos de cocido...
- Noz Moscada
- Sal e pementa
- Ovo
- Fariña
- Pan relado
Preparación
- Pon a manteiga a lume suave nunha cazola ata que se derreta.
- Cando estea fundida, engade a fariña sen deixar de remover.
- Incorpora o leite previamente fervido sen deixar de remover.
- Agrega sal, pementa e noz moscada ao gusto.
- Cando vexas que está cocida, engade o recheo: xamón, bacallau, polo, bonito, atún, queixo…
- Como toque final, agrega un Iogur Natural Clesa. Saberás que a bechamel está no seu punto cando caia en flocos.
- Deixa repousar varias horas a masa e logo xa só queda o paso final: cortala en pequenos anaquiños, rebozarla en fariña, ovo e pan relado e fritilas.