
Pizza con masa de iogur Clesa
Publicado el 16 Dec 2020
en
Masa de pizza elaborada con iogur griego Clesa? Sí, é posible e está boísima!
Ingredientes
- 170g de fariña
- 250g de iogur grego natural Clesa (2u)
- 1 culleradiña de bicarbonato
- Unha pisca de sal
- Especias según gusto
Preparación
- Nun bol mesturamos a fariña co sal e o bicarbonato. Engadimos tamén as especias ao gusto. Incorporamos o iogur grego e mesturamos ben ata obter unha masa uniforme.
- Quedaranos unha bóla de masa algo pegañenta que estenderemos.
- Cubrimos a bandexa de forno con papel vexetal e envorcamos a masa. Espolvoreamos cun pouco de fariña e imos estendendo.
- Unha vez estea lista engadimos os ingredientes que nos apetezan por encima e directa ao forno.
- Terémola no forno durante uns 20 minutos importante que teña calor tanto por arriba como por baixo. E listo xa temos a nosa pizza ;)