Polo á manteiga con iogur

Polo á manteiga con iogur

Toma nota porque esta receita de orixe india feita coas nosas materias primas e cos produtos Clesa vaiche deixar gratamente sorprendid@. Mans á obra! 

Ingredientes

  • 1 kg de coxas de polo
  • 250 g de iogur grego Clesa
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • Un trozo duns 4 cm de xenxibre
  • 1 culleradiña de cúrcuma
  • 60 g de manteiga
  • 125 ml de tomate natural triturado
  • 125 ml de nata para cociñar
  • 1 cullerada de azucre
  • 1 cullerada de comiño
  • 1 guinda (opcional)
  • Sal
  • Pementa negra
  • Zume dun limón
  • Cilantro fresco

Preparación

Comezamos salpementando o polo e botándolle o zume de limón. 

Nun bol, mesturamos a cebola triturada, a guinda, o allo, a metade do xenxibre, o iogur grego e un poquiño de cúrcuma.

Pasamos o polo ao bol, cubrímolo con papel film e metémolo na neveira durante 4 horas. Tamén podemos preparalo  o día anterior e deixalo toda a noite.

Unha vez transcurrido este tempo, escorremos ben o polo da mestura na que o tivemos mariñando, prequentamos o forno a 200º C e asámolo durante 30 minutos. 

Cando esté rematando de facerse, botamos a manteiga nunha tixola. Cando esté comezando a derreterse, engadimos o tomate triturado, a otra metade do xenxibre relado, o azucre, a nata, a mestura coa que mariñamos o polo e o comiño. Deixamos que se cociñe durante uns 5 minutos, e se espesara demasiado, engadímoslle un pouco de auga. 

Cando estea listo, incorporamos o polo e deixámolo outros 5 minutos a lume lento.  

Podemos servilo adornándoo cunhas follas de cilantro.



Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA