Tarta de Petit Amorodo Clesa

Tarta de Petit Amorodo Clesa

Cumpreanos á vista dos vosos peques? Esta tarta, realizada con Petit de Amorodo Clesa, vailles encantar. E, por riba, cunha cor super apetecible!

Ingredientes

100 gr. de galletas María

6 Petit de Amorodo Clesa

200 ml. de nata para montar

100 ml. de leite Clesa Bienatur

1 sobre de xelatina de amorodo

2 culleradas de manteiga

Preparación

O primeiro que faremos é a base da nosa torta coas galletas trituradas e a manteiga derretida.

Poñemos a mestura no molde e metémolo na neveira.

Nun bol montamos a nata ben fría cos Petit de amorodo axudándonos dunha batedora.

Quentamos a metade do leite e incorporamos a xelatina. Mesturamos ben ata que se dilúa perfectamente e botamos a outra metade do leite para amornar un pouco.

Vertemos esta mestura na que xa tiñamos preparada dos Petit Amorodo e a nata e removemos ben todo.

Collemos a nosa base de galletas do frigorífico, botamos a mestura e metémola de novo na neveira durante unhas 4 horas.



Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA