
Tarta de queixo co iogur grego Clesa
Publicado el 10 Feb 2022
en
A sinxeleza da súa elaboración e o seu sabor inconfundible fan que esta receita sexa todo un clásico. Unha das tartas máis feitas, con infinitas variedades, e que se pode preparar con ou sen forno. Non cabe dúbidas de que estamos ante a sobremesa perfecta e o mellor de todo… leva iogur grego de Clesa! Que máis se pode pedir?
Ingredientes
- 1 iogur grego de Clesa
- 65 gramos de azucre
- 75 gramos de fariña
- 1 vaso de leite semidesnatada Clesa Bienatur
- 100 gramos de nata para montar de Feiraco
- 1 sobre de po para enfornar
- 4 ovos
- 200 gramos de queixo para untar
Preparación
- Prequencer o forno a 220º.
- Bater o iogur grego de Clesa e o azucre para logo engadir o leite semidesnatado Clesa Bienatur e a nata ata lograr unha mestura homoxénea.
- Engadir os ovos e a fariña peneirada xunto co po de enfornar para continuar batendo.
- Finalmente, bater tamén co queixo de untar.
- Colocar o preparado nun molde, previamente engraxado e con fariña, e enfornar a 180º durante 45 minutos.
- Deixar arrefriar, servir e... a gozar!