
Tiramisú de iogur
Publicado el 22 Feb 2021
en
Hoxe traémosche unha sobremesa moi doada, perfecta para o teu día a día ou mesmo para sorprender aos teus convidados. Toma nota!
Ingredientes
- 2 iogures naturais CLESA
- 200 ml café
- Soletillas sen azucre
- 1 cullerada de cacao en pó
- Esencia de vainilla
Preparación
- Mollamos os biscoitos de soletilla en café
- Batemos o iogur con esencia de vainilla.
- Nuns vasiños individuais, imos montando unha capa de biscoitos, outra de iogur. Rematamos con cacao en pó.
- Reservamos no frigorífico ata o momento de consumir.