
Torta de iogur de coco sen forno
Publicado el 07 Set 2020
en
É tan fácil de preparar que esta receita se converterá nunha das túas favoritas. Perfecta para sorprender aos teus invitados!
Preparación
10 min.
Repouso
180 min.
Total
190 min.
Porcións
6
Ingredientes
- 5 Iogures Clesa sabor Coco (tamén serven naturais)
- 400 ml nata para montar
- 200 gr azucre
- 120 gr galletas maria
- 50 g manteiga a temperatura ambiente
- 10 follas de xelatina
- Coco relado para decorar
Preparación
- Poñemos en remollo as follas de xelatina
- Coas galletas trituradas e a manteiga fundida formamos unha pasta e con ela forramos a base dun molde desmontable.
- Nun bol mesturamos os iogures, a nata e a xelatina, que haberemos quentando no microondas para que se poña líquida.
- Reservamos na neveira unhas 3 horas e decoramos con coco relado