
Torta de mazá e crema Clesa
Publicado el 09 Ago 2021
en
Sabiades que as #CremasClesa poden ser un ingrediente perfecto nalgunhas receitas de repostería? Descobre como facer esta torta de mazá e crema en moi pouco tempo e dunha manera moi sinxela seguindo o paso a paso que che propoñemos a continuación.
Ingredientes
-
2 envases de CREMAS CLESA
-
4 ovos
-
2 medidas do envase de azucre
-
2 medidas do envase da fariña
-
250 gr. de manteiga fundida
-
2 mazás reineta
-
1 culleradiña de fermento químico
-
Un pouco de esencia vainilla
Preparación
- Untamos o molde cun pouco de manteiga e vamos prequentando o forno a 180 º
- Pelamos e cortamos en láminas as mazás
- Batemos os ovos co azucre e engadimos a crema, a manteiga, a fariña, o fermento e un pouco de esencia de vainilla
- Poñemos a mestura no molde e colocamos por riba as láminas de mazá
- Botamos un pouco de azucre e enfornamos deixándoo 45 minutos aprox
- Unha vez en frío, podemos cubrir cun glaseado de mazá