Tortilla de patacas co iogur natural Clesa Bienatur

Tortilla de patacas co iogur natural Clesa Bienatur

Tortilla de patacas co iogur natural Clesa Bienatur

Un clásico non tan clásico! Probaches a botar iogur natural a un dos pratos máis típicos da cociña española? Si, oíches ben. Máis alá do debate de si debe ou non levar cebola, con esta receita acadarás darlle un toque extra de sabor e cremosidade que che sorprenderá. Anímate a preparala e xa nos contas!

Ingredientes

  • 4 patacas
  • 6 ovos
  • 1 iogur natural Clesa Bienatur
  • Aceite de oliva
  • Sal

Preparación

  • Pelar e cortar as patacas e deixalas a remollo durante catro minutos.
  • Quencer un bo chorro de aceite na tixola para logo fritir as patacas a lume alto durante tres minutos.
  • Pasado ese tempo, baixar o lume, engadir o sal, tapar a tixola fritindoa quince minutos máis e ir remexendo.
  • Mentres, por outra parte, bater os ovos e o iogur cun anaco de sal.
  • Quencer de novo un chorriño de aceite na tixola, esta vez a lume medio, e engadir a mestura. Cociñar e darlle a volta sen deixar callar moito para que quede zumarenta.
  • E listo! Consúmea quente ou fría, como ti prefiras.


Es distribuidor? Consulta o catálogo para a distribución con todos os produtos CLESA