
Tres receitas de almorzos saudables co Iogur Clesa Bienatur
Almorza iogur, almorza Clesa! Hoxe traémosche tres propostas saudables para incorporar o iogur na túa mañá. Non saberás cal elixir!
Ingredientes
1. Cunca de iogur con muesli e froitos vermellos
- 1 iogur natural Clesa Bienatur
- Muesli
- Amorodos, arandos e moras
2. Pudding de chía e iogur
- 250 ml Leite Clesa Bienatur
- 40 gr. de sementes de chía
- 4 Amorodos
- Iogur natural Clesa Bienatur
- Granola caseira
3. Tortitas con iogur
- 160 gramos de plátano moi maduro
- 1 ovo
- 30 gramos de fariña de avea integral
- ½ culleradiña de fermento
- 1 iogur natural Clesa Bienatur
- Extracto de vainilla
- Aceite de oliva virxe extra
Preparación
1. Cunca de iogur con muesli e froitos vermellos
Tan sinxelo como botar nunha cunca o teu iogur natural Clesa Bienatur e como topping incorporar ao gusto unha ou dúas culleradiñas de muesli e un puñado de froitos vermellos: moras, arandos e amorodos. A gozar!
2. Pudding de chía e iogur
Deixa toda a noite na neveira unha cunca con Leite Clesa Bienatur e engádelle dúas culleradiñas de sementes de chía. Ao día seguinte as sementes estarán hidratadas e terás unha mestura consistente coa textura dun pudding.
Engádelle os amorodos cortados, o iogur natural e remata engadindo un puñadiño de granola.
3. Tortitas con iogur
Mesturar co batedor a avea co iogur natural, o ovo, o plátano cortado, o fermento e o extracto de vainilla. Untamos unha tixola cun pouco de aceite e levamos facendo as tortitas. Engadir a froita cortada ao gusto por riba.